O Sanxenxo vese sorprendido na casa e o Unión Grove leva o derbi ante o Portonovo
Por Redacción
Empezou a liga lanzado, con tres vitorias consecutivas, pero agora encadea catro xornadas sen gañar.
O Xuventú Sanxenxo viuse sorprendido en Baltar de Arriba polo Cultural Areas (1-3) nun encontro no que sempre foi a remolque no marcador.
O Areas púxose en vantaxe aos 20 minutos e ampliou a renda tras o decanso. Reaccionou pronto o equipo amarelo para recortar distancias por medio de Javi Prieto, pero o cadro visitante sentenciou pouco depués.
Con este resultado o Sanxenxo cae á oitava praza con 11 puntos.
Consulta aquí o acta do Sanxenxo-Cultural Areas.
No outro partido da xornada o Unión Grove levou o duelo de rivalidade comarcal ante o Portonovo (2-1), disputado no campo de Monte da Vila.
Diego Blanco puxo en vantaxe aos locais á primeira, no minuto 3, e despois de moitos minutos de disputa Diego Lorenzo parecía sentenciar no 81 co 2-0, pero o Portonovo recortou disctancias no 87 cun gol de Nico que deu emoción aos últimos minutos.
Co triufo o Unión Grove ascende á décimo cuarta praza con 8 puntos, mentres o Portonovo queda na undécima con 9 puntos.
Consulta aquí o acta do Unión Grove-Portonovo.