A xornada entre semana senta mal a Portonovo, Sanxenxo e Grove
Por Redacción
Xogar a golpe de mércores, aproveitando o día festivo, non resultou demasiado ben aos equipos de Preferente na comarca.
Só o Unión Grove conseguiu polo menos rabuñar un punto, no campo do Erizana (4-4), pero fíxoo tras desperdiciar unha renda de dous goles ao seu favor.
O cadro meco dominou a primeira metade e adiantouse pronto por medio de Saúl. Aínda que os locais empataron nunha acción afortunada o Grove seguiu ao seu e ao descanso mandaba por 1-3 grazas aos tantos de Caamaño e Diego Blanco,
A segunda metade comezou cun tanto do Erizana, contrarrestado polo 2-4 de Saúl que parecía encarrilar o choque, pero os locais non se renderon e no último cuarto de partido conseguiu empatar.
Con este punto o Grove sitúase na décimo cuarta praza con 9 puntos.
Consulta aquí o acta do Erizana-Unión Grove.
O Xuventú Sanxenxo sumou a súa quinta xornada sen gañar ao caer derrotado no campo do Mondariz (1-0).
Un tanto de Diego Puentes no minuto 22 deulle os tres puntos aos locais, ante un cadro amarelo que o tentou pero que non atopou o camiño para bater a meta rival.
Co empate os de Óscar García son agora undécimos con 11 puntos.
Consulta aquí o acta do Mondariz-Xuventú Sanxenxo.
Por último o Portonovo viuse superado en Baltar por un efectivo Estradense (0-2).
Dous goles nos primeiros 20 minutos de partido foron un golpe duro para os arlequinados que non puideron superar.
O Portonovo, que acumula dúas derrotas consecutivas, é décimo terceiro con 9 puntos.
Consulta aquí o acta do Portonovo-Estradense.