O tenis internacional despídese de Sanxenxo tras as finais do torneo cadete
Por Redacción
Despois de tres semanas o tenis internacional despídese de Galicia. Primeiro foi o ITF Junior de Pontevedra e despois foi a quenda de Sanxenxo, co seu torneo junior e co cadete, que se pechou este domingo coa disputa das finais individuais.
A española Cristina Mayarova e o ruso Bekkhan Atlangeriev proclamáronse vencedores do 9º Torneo Internacional Cadete nas pistas do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo.
Mayarova, barcelonesa de orixe rusa, impúxose na final á zaragozana Marta Falceto en dúas magnas, por 6-3 e 6-0.
Tras ese partido chegou a quenda do desenlace no cadro individual masculino, no que o cabeza de serie número uno do torneo, Bekkhan Atlangeriev, derrotou ao británico Barney Fitzpatrick por un dobre 6-4.
O cadro de honra completárono, na categoría de dobres, Jéssica Bouzas e Fiona Arrese na competición feminina e Jorge Plans e Pol Sánchez na masculina.
Relacionadas:
-
Vacacións de tenis en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Fin de semana de tenis galego no CCD Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os tenistas galegos dan o callo no IX Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Vibrante peche do XV Torneo Internacional Junior ITF de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Peche con sabor ruso no V Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Redacción |