O mellor momento do Coruxo, ameaza para o Pontevedra
Por Diego Espiño
O Coruxo experimentou o pasado verán unha importante renovación nas súas filas co obxectivo de seguir crecendo dentro da Segunda División B na súa sétima tempada na categoría, e tras un inicio de competición complicado, os de Rafa Sáez están a empezar a confirmar as expectativas creadas á súa ao redor.
O cadro vigués, que arrincou a competición cun triunfo en sete xornadas, gañou cinco dos seus últimos oito partidos de liga para situarse na zona media-alta da táboa, a seis puntos dun Pontevedra que marca actualmente a fronteira co play-off de ascenso a Segunda División.
Os de Rafa Sáez encadean catro vitorias seguidas no Vao, estadio que visitarán os granates o vindeiro sábado (16:30 horas) no que será posiblemente o seu compromiso máis esixente no tramo final do ano.
O Coruxo foi de menos a máis e chega á cita no seu mellor momento, a pesar da derrota na última xornada no derbi vigués ante o Celta B, candidato este ano a pelexar polo ascenso.
Ademais de Campillo ou Quique Cubas, ex-xogadores do Pontevedra, ou do canteirán granate Pibe, ao equipo verde chegaron este verán xogadores de calidade contrastada como Mateo Míguez (que regresou ao club tras unha experiencia no estranxeiro), Iosu Villar (Cultural Leonesa), Villarejo (Cultural Leonesa), Camochu (Burgos) ou Jacobo (Ponferradina), entre outros.
Un salto de calidade que ameaza o bo momento do equipo adestrado por Luisito, aínda en busca de continuidade nos seus encontros lonxe do fortín de Pasarón.
Relacionadas:
-
Empate a todo entre Coruxo e Pontevedra (2-2) nun intenso partido
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra, na busca dun golpe de efecto no Vao
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Unha "trastienda" chea de nostalxia con Paco, Milucho e Churruca, tres veteranos do Pontevedra CF
Por Ramiro Espiño |
-
Remontada con susto e sufrimento do Pontevedra ante o Somozas (4-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un gol en fóra de xogo abre o camiño a unha Cultural Leonesa superior ao Pontevedra (3-0)
Por Redacción |