O Marcón asómase aos postos altos mentres o Pontevedra B afúndese un pouco máis
Por Redacción
Segue costa abaixo o Pontevedra B, que aumenta a sete o número de xornadas sen gañar. Esta vez foi incapaz de facer un só gol na Seca de Poio, escenario que albergou nesta ocasión ao filial granate, cedendo un empate fronte a un rival alcanzable en teoría como o Candeán.
Os granates seguen acusando falta de experiencia, con moitos xogadores no seu primeiro ano de senior, e métense en serios problemas, quedando a só dous puntos do descenso.
Consulta aquí o acta do partido Pontevedra B-Candeán.
Sufriu máis do debido o Marcón para conseguir os tres puntos na súa visita ao San Miguel. A pesar da expulsión de Sapi, con vermella directa, que lle fixo xogar en inferioridade desde o minuto 66, os pontevedreses lograron sacar adiante un partido que se lles complicou en exceso.
O único tanto do choque chegaba cando parecía que o marcador xa non se movería, a falta de tres minutos, por medio de Berto. Despois as forzas igualaríanse no numérico, ao resultar tamén expulsado o local Borja Álvarez, o que permitiu respirar ao conxunto branco, que deste xeito se achega aos postos de ascenso.
Relacionadas:
-
Grave tropezo do Marcón e o Pontevedra B asómase ao abismo
Por Redacción |
-
O Marcón leva o derbi local (3-0) fronte un Pontevedra B que non levanta cabeza
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Derrotas de Pontevedra B e Marcón Atlético ante Mos e Gran Peña
Por Redacción |
-
A falta de acerto condena ao Marcón ao empate na casa e ao Pontevedra B á derrota en Beluso
Por Redacción |