Vitoria do PRC, que se coloca segundo, e derrota do Mareantes ante o intratable Ferrol
Por Redacción
Esta tempada hai dúas ligas ben diferenciadas na Primeira División Galega de rugby, a que xoga o CR Ferrol e a do resto de equipos que compoñen a máxima categoría autonómica.
Sufriuno nas súas carnes o pasado fin de semana o Mareantes, que encaixou en Ferrol una avultada e incontestable derrota (70-5).
Os pontevedreses non foron capaces de contrarrestar o alto ritmo imposto dos ferronalos desde o inicio, e quedan agora na quinta praza da clasificación con 9 puntos.
Con tres máis, 12 puntos, aparece o outro equipo da cidade de Lérez, o Pontevedra Rugby Club, que ascende ata a segunda posición tras vencer con comodidade ao Coreti Lalín no campo de Monte Porreiro (41-13).
O PRC foi superior ao seu rival e colócase como o primeiro do resto dos equipos da categoría, tendo en conta que tras cinco xornadas o CR Ferrol, imbatido, destácase no liderado con 23 puntos.
Na próxima xornada da liga Galega o PRC visitará o campo dos Ingleses de Vilagarcía e o Mareantes xogará na casa ante o Ourense.