O kick boxing galego ten unha cita en Moraña
Por Redacción
Moraña acollerá o vindeiro sábado 3 de decembro o Campionato Galego de Kick Boxing, na modalidade de 'kick light.
Esta modalidade caracterízase por golpes suaves, nos que non se busca o K.O., e reunirá no municipio pontevedrés a máis de 150 deportistas nas categorías cadete, junior e senior. Ademais tamén se organizará o primeiro encontro de formas libres.
A competición está organizada polo ABP Sport de Pontevedra, e servirá ademais de homenaxe ao deportista morañés Nicolás Medranda, actual campión de España.
A presentación do campionato celebrouse este martes no Concello de Moraña, onde se pediu colaboración a todos os asistentes na recollida solidaria de alimentos que se organizará de maneira paralela.
A entrada ao pavillón municipal será de balde, empezando o torneo ás 10:30 horas da mañá.