Primeira vitoria do Leis feminino que bate (1-4) o Alovera en Guadalaxara
Por Redacción
Por fin, tras once xornadas, o Leis feminino logrou o seu primeiro triunfo da tempada. As pontevedresas lograron os tres puntos na súa visita a Guadalaxara, tras impoñerse claramente por 1-4 ao Alovera.
A primeira parte do partido apenas tivo historia. Cun Leis moi centrado en defensa e deixando a posesión en mans do seu rival, as pontevedresas lograron irse ao descanso por diante no marcador. Un gol de Ali, tras un man a man coa porteira local, establecía o 0-1 no minuto 11.
Tras o parón, o partido mantivo a tónica do primeiros vinte minutos. Dous goles do Leis, un de María en propia porta e outro de Ali, deixaban o encontro sentenciado para as pontevedresas xa no minuto 29 cun 0-3.
O gol da honra para o Alovera chegaba dous minutos despois. Unha indecisión entre Lucía e Xiana ao sacar un balón provocou que a primeira delas marcase na súa propia portería. Co 1-3 no marcador, as locais crearon perigo ao poñer porteira-xogadora, pero non lograron reducir a súa desvantaxe.
A falta de dous minutos, con todo, Lucía establecía o 1-4 definitivo.
Este resultado fai que o Leis afronte con máis tranquilidade as súas dous próximos partidos, ambos en casa. Suman seis puntos e abandonan o último posto do grupo IV da Segunda División.