Pisa firme o Pontevedra que non dá opción á Arandina e volve gañar a domicilio (0-2)
Por Redacción
Segundo triunfo a domicilio do Pontevedra, que segue pisando con firmeza esta tempada e á súa eficacia absoluta en Pasarón engade agora o incremento da súa colleita como visitante, o que unido aos resultados da xornada, con picadas de Valladolid B e Ponferradina, permítenlle consolidarse e abrir un pequeno oco cos seus perseguidores na loita polas posicións de play-off.
Foi un partido serio e práctico. Luisito quixo xogar a baza da motivación, dando entrada no once titular a Gonzalo, peza básica a pasada tempada para os de Aranda, e saíulle ben tanto que a súa presenza desde o inicio coincide cos dous encontros que o Pontevedra conseguiu vencer lonxe de Pasarón.
Os granates foron claramente superiores durante todo o partido. Souberon maniatar ao equipo branquiazul e esperar con paciencia a oportunidade de poñerse por diante no marcador, sen renunciar nunca a incrementar a conta.
Mandou o Pontevedra na primeira parte, controlando ao balón desde o asubío inicial e xogándoo con paciencia ata atopar o camiño cara ao portal de Montiel, mentres os locais non conseguían crear perigo.
A pesar dese dominio, apenas houbo ocasións de claro perigo ata os minutos previos ao descanso. A primeira para o galegos viño dun Mario Barco que foi un verdadeiro pesadelo para a defensa castelá. O seu remate, aos 9 minutos, parouno con dificultades Montiel.
Pola súa banda a Arandina non chegou a disparar a porta ata preto da media hora. Fíxoo nun lanzamento afastado de Jefté, que saíu fóra.
Cando se entraba no últimos cinco minutos, o Pontevedra foise arriba con decisión e puido inaugurar o marcador aos 41 minutos, pero o disparo de Kevin Presa foi a parar ao traveseiro, cando case se cantaba o gol.
Ata que a falta dun minuto para o descanso, un centro de Miguel engánchao dentro da área Mario Barco, batendo a Montiel, que nada puido facer para evitar o tanto do dianteiro granate.
Os comezos da segunda parte ofreceron a unha Arandina máis incisiva, tratando de poñer cerco á área ben defendida por Edu, pero sería o Pontevedra quen continuase gozando das mellores ocasións, especialmente cando lograba montar algunha contra na que David Añón conectaba con algún dos dous de arriba.
Así chegaba unha boa ocasión para Mateu, que remataba fóra, rozando o poste, á saída dun corner, ou un centro de Añón que non puido rematar Mario Barco.
Mentres, o técnico local, Emilio Ferreras, buscou solucións no banco sen éxito, dando entrada ao seu goleador Javi López, con visible enfado do xogador substituído, Víctor, pero chegou foi o segundo tanto do Pontevedra. O que non conseguiu en xogada fíxoo como froito da estratexia. E foi un golazo, superada a hora de xogo. Bonilla, desde máis de 30 metros, salvou unha barreira na que se situaron tamén varios xogadores granates para obstaculizar a visión do porteiro, e conseguírono, porque o balón entrou precisamente polo pau que debía cubrir Montiel.
Practicamente aí acabouse o partido. A Arandina foi incapaz de reaccionar e o Pontevedra soubo xogar co marcador a favor, tendo mesmo opcións de ampliar a conta. Puido facelo nunha dobre ocasión nos minutos finais, pero primeiro Mario Barco e logo Álex González non acertaron, mandando os seus remates moi preto do poste.
Os locais só crearon perigo no último minuto, pero Carlos non acertou a rematar un balón dentro da área visitante, á saída dun corner.
A única nota negativa para os de Luisito foi ver como Kevin Presa retirábase coxeando visiblemente, o que obrigou a que o técnico lle substituíse, dando entrada a Portela, que reaparecía despois de tres xornadas ausente.
ARANDINA CF (0): Montiel; Ruba, Charlie, Rubén Garcés, Edu Payá; Saúl, Leo Ramírez; Carlos, Omar, Víctor (Javi López, minuto 60); e Jefté.
PONTEVEDRA CF (2): Edu; Miguel, Jacobo Trigo, Bruno, Bonilla; Kevin Presa (Portela, minuto 69), Gonzalo, Abel; David Añón (Miki, minuto 88); Mario Barco e Mateu (Álex González, minuto 74).
Árbitro: Luís Miguel Montero de Lerma (Castela-A Mancha), auxiliado nas bandas por Alberto Guerrero Jiménez e Israel Fernández Añonuevo. Amoestou a Charlie, Rubén Garcés e Edu Payá, pola Arandina.
Goles: (0-1) Minuto 44: Mario Barco. (0-2) Minuto 63: Bonilla.
Incidencias: Estadio Municipal El Montecillo (Aranda de Duero-Burgos). Uns 700 espectadores.
Relacionadas:
-
Á décima non puido ser e o Caudal evita a "volta perfecta" do Pontevedra en Pasarón (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ante o Caudal, a pechar a primeira volta con pleno de vitorias na casa
Por Diego Espiño |
-
O gol non só é cousa de Mario Barco
Por Diego Espiño |
-
Santi Mariño deixa de ser o adestrador do Pontevedra B
Por Diego Espiño |
-
Último desprazamento do ano para un Pontevedra que busca reivindicarse a domicilio
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Un Pontevedra de dúas caras golea o Boiro (4-0) no día que Pasarón lembra a Filipe Machado e ao Chapecoense
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pasarón quere cantar a novena ante o Boiro
Por Diego Espiño |
-
Como na casa en ningún sitio
Por Diego Espiño |