Os deportistas de kick boxing do Odisea soben de nivel
Por Redacción
Os deportistas de kick boxing do Club Odisea Sport de Pontevedra mostraron os seus progresos nos recentes exames de grao celebrados o pasado 8 de decembro.
Ás probas para subir de nivel, xunto á competición posterior que se organizou, presentáronse 90 deportistas do club logrando bos resultados.
Primeiro tiveron lugar os exames e despois a xornada completouse co Torneo Megaxove da Federación Galega de Kick Boxing.
En total reuníronse no evento 150 deportistas entre o club pontevedrés, a Asociación Española de Defensa Persoal e a Fundación Cipri Gomes.
En canto á competición de base, o Torneo Megaxove, tamén competiuse en probas de kick boxing americano sen contacto, para os deportistas de menos idade e de Light Contact, na que non se busca o K.O., e Semi Contact.
O Odisea participou ademais na Copa de España destas dúas últimas modalidades.