Xogos e sorrisos para recibir o Nadal na escola municipal de atletismo
Por Redacción & Mónica Patxot
O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu este luns o Festival de Nadal da escola municipal de atletismo.
Os novos atletas pasaron unha animada tarde convertendo a pista do Municipal nunha improvisada pista de atletismo na que mostrar todo o aprendido durante os primeiros meses da tempada.
Así os sorrisos e a diversión mesturáronse cos saltos de lonxitude, as carreiras de valos ou de velocidade.
A escola xestionada pola Sociedad Gimnástica habilitou este ano 170 prazas para nenos e nenas de 5 a 11 anos.