Homenaxe aos medallistas nacionais do Club de Loita Pontevedra
Por Redacción
O Club de Loita Pontevedra segue crecendo paso a paso. A pesar de contar con só 40 deportistas federados, o conxunto lerezano viu como tres dos seus loitadores volveron do Campionato de España de Loitas Olímpicas cunha medalla ao pescozo.
Os tres protagonistas, acompañados polo seu adestrador Marcos Miragaya, foron recibidos este martes con honras polo alcalde e o concelleiro de Deportes despois da súa participación nos nacionais celebrados en San Javier.
Na localidade murciana Lidia Pérez proclamouse campioa de España cadete na categoría de menos de 56 quilos, Nazaret Licer foi prata tamén cadete en menos de 52, mentres Pablo García logrou un meritorio terceiro posto na categoría sénior de loita grecorromana.