O Teucro, a completar ante o BMC unha volta sen perder
Por Diego Espiño
O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra será escenario este sábado (20:00 horas) dun partido que pode pechar unha volta de competición case perfecta na Sociedad Deportiva Teucro.
Os azuis reciben ao BMC madrileño na busca da súa décimo quinta xornada sen perder en liga que lle permita manterse no liderado da División de Honra Prata. A última vez que perderon os de Quique Domínguez foi precisamente na cancha do BMC, o 24 de setembro. Desde entón, 13 vitorias e un empate permitiron colocarse ao Teucro como equipo a bater.
"Estamos en un buen momento y queremos alargarlo, no porque haya ganas de revancha", recoñece Quique Domínguez.
O técnico teucrista fala positivamente da tempada que está a realizar o BMC, que a pesar de ser un recentemente ascendido está situado comodamente en metade de táboa grazas a "un equipo joven y con talento".
Recuperado Santana das molestias nas costas coas que regresou de Xixón, a principal dúbida nos azuis é o estado físico de Iván Fernández, que atravesa un proceso gripal.
Os colexiados do encontro serán os navarros García San Martín e Roy Añón.
Relacionadas:
-
Xornada redonda para o Teucro que gaña con apuros ao pechacancelas Tolosa (26-29)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro sobre BMC nun mal partido (24-22) para pechar unha volta case perfecta
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Suma e segue dun Teucro intratable que se impón con autoridade ao Grupo Covadonga (25-30)
Por Redacción |
-
Golpe de autoridade do Teucro ante o Zamora na súa primeira defensa do liderado (28-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |