Folga en Segunda B e Terceira División?
Por Diego Espiño
A Comisicón de Clubs de Segunda B e Terceira División plantouse ante a negativa da Real Federación Española de Fútbol a convocar unha asemblea para definir a repartición dos dereitos televisivos a estas categorías, despois de que a liga de Fútbol Profesional aprobase no seu último contrato destinar unha pequena parte ao fútbol modesto.
Esta decisión motivou unha convocatoria de folga, á que están chamados os clubs da división de bronce e da Terceira os días 4 e 5 de marzo, xornada na que o Pontevedra se enfrontaría ao Lealtad en Asturias.
Na máxima división autonómica veríanse afectados partidos como o Villalonga-Céltiga, Arosa-Castro ou Rápido de Bouzas-Ribadumia.
En concreto, os clubs reclaman a porcentaxe para esta tempada que lles corresponde pola súa participación na Copa do Rei (1%), que recibiu máis fondos co contrato da LFP. Este 1% supoñería, aproximadamente e segundo os cálculos da comisión, uns 85.000 euros de ingresos extra a cada club de Segunda B e de 35.000 euros aos de Terceira División.
A comisión de clubs e a candidatura á presidencia de Jorge Pérez á RFEF solicitaron formalmente a convocatoria dunha asemblea para debater o tema, pero o organismo federativo dirigo por Ángel María Villar fixo ata o momento oídos xordos.
Segundo sinalan os convocantes da folga, só un cambio de actitude na RFEF, convocando a citada asemblea, podería frear o plantón do fútbol modesto.
Relacionadas:
-
Fran Fandiño decide para o Ribadumia ante a falta de puntería do Villalonga (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Tropeza o Arosa que perde a Monroy con fractura de clavícula e o Céltiga aproveita a visita do pechacancelas
Por Redacción |
-
Changui decide un emocionante partido entre Ribadumia e Arosa e o Villalonga empata sen goles
Por Redacción |
-
A reacción pasa por un feudo 'case' inexpugnable
Por Diego Espiño |
-
A Federación Galega entrega ao Pontevedra unha subvención polos dereitos da Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Pontevedra agárrase á súa melloría como visitante para manterse na pelexa
Por Diego Espiño |
-
A pegada do Celta B esmaga a un Pontevedra sen pólvora (0-4)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |