O Mace Sport, preparado para o Campionato de España Absoluto de taekwondo
Por Redacción
O taekwondo pontevedrés prepárase para unha dos eventos máis importantes da tempada, o Campionato de España Absoluto.
Un total de 239 deportistas daranse cita nunha competición que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro na localidade madrileña de San Sebastián de los Reyes.
Entre eles estarás catro taekwondistas do Mace Sport, ademais do seu adestrador Miguel Ángel Cortegoso, coa aspiración de pelezar polos postos de honra na súa respectivas categoría.
Representarán ao club pontevedrés Javier González (-63 quilos), Uxía Ogea (-63 quilos), Sara Cortegoso (-49 quilos) e Jéssica Blanco (-67 quilos), que defenderá a medalla de prata conseguida hai un ano na mesma competición.
O Campionato de España celebrarase adaptado á nova normativa, que permite aos deportistas usar as mans apartando ao rival para realizar inmediatamente despois unha acción de ataque e na que desaparecen os 'kyongos', sancións disciplinarias que supoñían medio punto de castigo.