Xornada de acrobacias e competición de nivel na Raña
Por Redacción & Diego Torrado
Marín goza por terceiro ano consecutivo da mellor ximnasia acrobática, grazas nesta ocasión á celebración da Copa de España e a X Copa Galicia Internacional.
Preto de 300 deportistas danse cita no Pavillón da Raña entre ambas as competicións, con ximnastas desde a idade alevín ata a senior. Algúns dos mellores especialista nacionais deleitaron aos presentes coas súas acrobacias co obxectivo de preparar a súa próxima participación na Copa do Mundo de Maia, Portugal.
A xornada de sábado arrincou ás 9:00 horas para prolongarse durante todo o día, mentres que o domingo está previsto que continúe coa Copa de España Alevín e Infantil e as finais da X Copa Galicia.
Os resultados da Copa de España poden consultarse na páxina web da Real Federación Española de Ximnasia.