Todo listo no Pavillón para a Liga Europea de Nacións coa permanencia de España en xogo
Por Diego Espiño
A mellor competición do continente de tenis de mesa por países chega a Pontevedra este martes 12 marzo, coa última xornada da Liga Europea por Nacións que enfronta ás seleccións masculina e feminina de España con Serbia e Romanía respectivamente.
Ambos os dous combinados disputan a última xornada da Championship Division, a máxima categoría, na que o equipo masculino se xoga a súa permanencia despois de lograr só unha vitoria nos catro enfrontamentos precedentes.
Os partidos comezarán ás 19:30 horas nun Pavillón Municipal totalmente acondicionado para a cita. Para dar maior colorido ás bancadas, a concellería de Deportes enviou nos últimos días convites a todos os colexios da cidade coa intención de que o evento "sexa un colofón idóneo dos recentes campionatos de España".
Os dous enfrontamentos xogaranse de xeito simultáneo e a entrada ao Pavillón será gratuíta.
Relacionadas:
-
España supera a Serbia e Rumanía e logra a permanencia na máxima categoría do tenis de mesa europeo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'Juanito': "El público de Pontevedra es muy importante para nosotros. Va a ser nuestro cuarto jugador"
Por Alejandro Espiño |
-
Encher de colorido o Pavillón, obxectivo do Concello nos partidos da Liga Europea de Nacións de tenis de mesa
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra acollerá a Liga Europea de Nacións de tenis de mesa
Por Diego Espiño |