Cisne e Teucro prometen espectáculo no #DerbiDoLérez
Por Diego Espiño
Gran expectación ante o enfrontamento que este sábado (20:00 horas, TVG2) protagonizarán os dous equipos pontevedreses da División de Honra Prata de balonmán nun Pavillón Municipal dos Deportes que espera vestir as súas mellores galas para a ocasión.
"En este tipo de partidos todo se iguala. Seguro que va a ser un espectáculo", avisou na presentación do derbi o adestrador cineísta, Jabato, cuxo equipo exercerá de local.
"Lo que se va a ver es un partido en el que los dos equipos nos vamos a partir la cara, pero con mucho fair play", engadiu á súa vez Quique Domínguez.
O Teucro chega á cita como líder indiscutible da liga e tras 19 partidos sen coñecer a derrota, pero o Cisne, que na casa gañou a equipos como Palma del Río ou Zamora, espera conseguir un triunfo que prolongue unha semana máis o seu soño de pelexar pola fase de ascenso.
"No me espero un partido muy diferente al de la primera vuelta" recoñece Domínguez lembrando o encontro, que se decidiu nos últimos segundos.
A previa estivo rodeada dun gran ambiente entre ambas as entidades, e mesmo o Cisne, que abandona a pista do CGTD para xogar nunha cancha con máis aforamento como o Municipal, chancea con esta circunstancia asegurando o seu presidente, Santiago Picallo, que se mudan "para equilibrar".
O partido converterase nunha auténtica festa para o balonmán pontevedrés, e por iso está previsto que ambos os equipos salten á pista portando a bandeira da cidade. Ademais soará no Municipal o himno galego e a Federación Galega homenaxeará antes do comezo a dous exjugadores como Rafa Dasilva e Pablo Domínguez.
A propia Federación elaborou tamén un vídeo promocional do #DerbiDoLérez con imaxes do primeiro duelo de rivalidade disputado por ambos os clubs hai xa 35 anos.
No aspecto meramente deportivo, aínda que nos dous equipos son varios os xogadores que arrastran molestias físicas, non se esperan baixas por este motivo máis aló da do lesionado Rial no Teucro, tendo en conta que o seu capitán, Carlos García, que perdeu o último encontro evolucionou ben e "confío en que pueda estar", recoñeceu o seu adestrador.
Os árbitros do encontro serán Visciarelli Lareo e Mendoza Roldán, do colexio territorial andaluz.
Relacionadas:
-
Vibrante #DerbiDoLérez que puido gañar calquera e termina con xusto empate entre Cisne e Teucro (28-28)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro perde en primeira instancia a demanda contra Asobal pero anuncia recurso
Por Redacción |
-
Quenta motores o #DerbiDoLérez entre Cisne e Teucro
Por Redacción |
-
Dúas fochas no seu xogo condenan o Cisne en Bordils (30-25)
Por Redacción |
-
Cando o Teucro púxose serio Zarautz desapareceu (28-24), nun partido para esquecer
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |