Tres xuvenís da Gimnástica, no Nacional de pista cuberta
Por Redacción
A canteira da Sociedad Gimnnástica ten unha cita esta fin de semana, os días 11 e 12 de marzo, no Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta que se celebra na localidade catalá de Sabadell.
Alí estarán presentes tres atletas do club pontevedrés: Pablo Tojal, Lucía Ferrer e Lucía Cardesín.
Tojal defenderá no sector de saltos a súa décimo quinta posición no ranking nacional, cunha marca de 3,95 metros, nunha proba que se prevé axustada pola igualdade existente entre todos os competidores. Pola súa banda Lucía Ferrer intentará baixar a barreira dos 8 segundos nos 60 metros lisos e loitará por unha boa posición nos 60 metros valos, mentres Lucía Cardesín participará nos 800 e nos 1.500 metros.
Ademais desta competición, a Gimnática tamén terá presenza durante a fin de semana no Campionato de España de Veteranos e no Campionato de Galicia de Campo a Través.