O Campionato Galego Cadete por Equipos decídese no Club de Tenis Pontevedra
Por Redacción
Os mellores equipos galegos de tenis en idade cadete reuniranse esta fin de semana, os días 18 e 19 de marzo, no Club de Tenis Pontevedra.
As instalacións do club pontevedrés na Caeira acollerá a fase final do Campionato Galego por Equipos de División de Honra, tanto en categoría feminina como na masculina.
En xogo, ademais do título autonómico, o billete para a Yellow Cup, Campionato de España da categoría.
A competición arrincará ás 10:00 horas do sábado cos primeiros enfrontamentos e non concluirá ata última hora do domingo.
No cadro masculino competirán o CT Pontevedra, Ureca, Náutico de Vigo, Mercantil de Vigo, USC e CT Coruña, mentres no feminino farano CT Pontevedra, CT Coruña, CT Gondomar e CC Sanxenxo.