Lydia Pérez, profeta na súa terra: campioa de España de loita en Pontevedra
Incuestionable. Así foi o triunfo de Lydia Pérez no campionato de España de loitas olímpicas que se celebrou este sábado no Pavillón Municipal de Pontevedra. As súas tres vitorias noutros tantos combates permitiron que se colgou o ouro ante os seus.
A deportista do Club de Loita Pontevedra proclamouse campioa de España na categoría de 58 quilos e fíxoo sen ceder un só punto nos seus tres combates.
Lydia Pérez, que era unha das grandes favoritas ao triunfo, impúxose á vasca Kontxi Etxebarrieta (14-0), á madrileña María Marcos (11-0) e á navarra Miren Huarte (14-0), demostrando unha superioridade esmagadora neste campionato nacional.
Tampouco lle foron mal as cousas ao outro representante pontevedrés neste campionato. Pablo García quedou a un paso de subir todo o máis alto do podio na proba de loita olímpica, na categoría de 70 quilos.
Quedou subcampión de España e súa foi a medalla de prata. Tan só foi superado polo canario Airam Gonzalez, que lle derrotou por 11-6 na gran final.
Antes deste combate, o pontevedrés desfíxose do vasco Endika Talleda (7-0) e do valenciano Javier Andújar (11-0).
Uns 600 deportistas participaron neste campionato de España que, nas categorías absoluta e cadete, celebrouse con grande éxito na cidade do Lérez.
Os resultados completos deste campionato pódense consultar na páxina web da Federación Española de loita.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, bronce no prestixioso Torneo Internacional de Sassari de loitas olímpicas
Por Redacción |
-
Cita co "evento de lucha más importante de España" no Pavillón Municipal
Por Diego Espiño |
-
Taekwondo, loitas olímpicas e piragüismo, protagonistas dunha xornada de recepcións municipais
Por Redacción & Mónica Patxot |