Pontevedra, "pistoletazo de salida" para Río 2016 co Open de España de Natación
Por Alejandro Espiño
Sen contar co Mundial que se celebrará en Barcelona en xullo, "es la principal cita de la natación española este año". Con esas credenciais poucos dubidan do gran atractivo que terá o XIV Campionato de España Open de Natación que se celebrará na piscina olímpica de Ponte Muíños entre o 21 e o 24 de marzo. Así o describe o presidente da Federación Española de Natación, Fernando Carpena.
Na presentación oficial que se realizou este mércores en Pontevedra, o máximo responsable da natación española adiantou que a este campionato acudirán uns 400 nadadores, entre outros, todo o equipo olímpico español "y algunos de los medallistas olímpicos de otros países", xa que haberá uns 60 deportistas estranxeiros. Todos eles "intentarán dar lo máximo" para buscar a marca mínima para os Mundiais de Barcelona.
Por iso é polo que Fernando Carpena asegure que Pontevedra será "o pistoletazo de salida" ao ciclo olímpico que se completará en Río 2016. Todo iso logo dunha Olimpiada, a de Londres, "en la que hemos logrado el mejor resultado para los deportes acuáticos en toda nuestra historia". Un éxito que espera repetir en Barcelona, campionatos para os que Pontevedra será "una auténtica prueba de fuego".
Entre todos os participantes haberá catro nadadoras do club anfitrión, o Galaico. Serán Iria García, Nerea Rodiño, Laura Paola Montes e Bea Gómez. Esta última é a gran esperanza, Nas súas mans está lograr a mínima para estar os Mundiais. "Es uno de los talentos más importantes de la natación española", sinalou o presidente da Federación. "Si sigue entrenando, con su trabajo, su juventud y su perseverancia, seguirá progresando".
Con este XIV Campionato de España Open, a piscina olímpica de Ponte Muíños consolídase como un dos escenarios preferidos da natación española. "Todos os anos organizamos algún campionato", sinalou o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, quen revalidou o seu compromiso de apostar pola organización de eventos deportivos de alto nivel para promocionar a cidade a nivel turístico.
Como preámbulo deste campionato, organizáronse numerosos eventos en Pontevedra. O primeiro deles será este venres. Ás 18.30 horas ofrecerase no Concello unha recepción ás catro nadadoras do club Galaico e, posteriormente, farase un acto aberto á cidadanía na Praza dá Peregrina. A posta en escena estará a cargo dun grupo teatral que realizará unha 'performance' sobre o deporte da natación e a competición olímpica.
Relacionadas:
-
Chega o Open de Natación con Mireia Belmonte, Rafa Muñoz, Bea Gómez... que probas deberías ver?
Por Diego Espiño |
-
O Club Natación Galaico presenta as súas catro nadadoras que competirán no XIV Campionato de España
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá o Campionato de España Absoluto Open de Natación
Por Redacción |