Fernando Echávarri axexa o podio no Trofeo Princesa Sofía de vela
Por Redacción
Chegaron aos Xogos de Río de Janeiro co obxectivo de pelexar polas primeiras posicións, pero quedaron a un paso da Medal Race. Agora, tras uns meses de descanso Fernando Echávarri e Tara Pacheco empezan a pensar en clave Tokyo 2020.
O ragatista pontevedres e a súa compañeira a en a clase Nacra 17 de vela, a canaria Tara Pacheco, inician esta semana un novo ciclo olímpico participando no 48 Trofeo Princesa Sofía que se celebra en Palma de Mallorca.
"Es un poco desoxidarnos después de la parada de Río, volver a coger energía para hacer la preparación de este año pensando en el Mundial", sinalou Echávarri en declaracións difundidas polo servizo de comunicación da regata.
"Estamos tanto Tara como yo adaptándonos, es nuestra primera regata y el Sofía es un buen lugar para empezar", recoñece pensando no inminente cambio de barco no Nacra 17 que obrigará a "hacer un esfuerzo para llegar al Mundial con opciones de estar arriba".
Polo momento, a pesar da irrupción de novas tripulacións con "entrada de gente joven y con muchas ganas", Echávarri e Pacheco están a demostrar a súa categoría ao axexar o podio do trofeo despois de dous días de competición ante os que se perfilan como grandes rivais no próximos catro anos.
Con seis regatas completadas, o seu barco é quinto na xeral con 27 puntos, a 6 do podio nunha clasificación que dominan os daneses Lin Cenholt e Christian Lubeck (16 puntos) e sendo a mellor tripulación nacional, por diante da de Iker Martínez e Olga Maslivets, sétimos.