Adeus do Arxil ás súas opcións de play-off ao perder na cancha do Sant Adriá (78-66)
Por Redacción
Necesitaba o Arxil unha carambola para entrar no play-off de ascenso, pero todas as contas pasaban por gañar os dous encontros que lle faltaban por xogar ata o final da competición regular da Liga Feminina 2, e fallaron na primeira ocasión.
As pontevedresas caeron na pista do segundo clasificado, o Sant Adriá barcelonés (78-66) e quedan sen opcións matemáticas de xogar a fase de ascenso á máxima categoría.
O encontro comezou igualado e cos dous equipos acertados en ataque (25-21). Xa no segundo baixou lixeiramente a produción ofensiva das verdes, cunha rotación máis curta, e a pesar da melloría defensiva as locais aproveitaron para chegar con vantaxe ao descanso (42-35).
Tras o descanso as de Mayte Méndez saíron covencidas de poder lograr a remontada, pero pasaban os minutos e a renda do San Adriá mesmo crecía (56-47) antes do últimos dez minutos de xogo.
Non deu opción o conxunto catalán e no tramo final tirou de oficio para controlar a vantaxe e pechar o partido ao seu favor.
Relacionadas:
-
O Arxil traza o plan de ruta da próxima tempada coa idea de renovar a todo o plantel
Por Diego Espiño |
-
Despedida ligueira con vitoria para o Arxil ante o Universidad de Oviedo (68-61)
Por Redacción |
-
Complicada saída para un Arxil que quere chegar á última xornada con opcións
Por Redacción |
-
Vitoria ante o Añares Rioja (68-62) dun Arxil que segue crendo nas súas posibilidades
Por Redacción |