Máis que dous puntos en xogo no Teucro-Adelma Sinfín
Por Diego Espiño
Podería ser a xornada máis determinante do ano. A Sociedade Deportiva Teucro recibe este sábado no Pavillón (20:00 horas) ao Adelma Sinfín cántabro, equipo que lle persegue na clasificación a só un punto de distancia.
Un triunfo dos azuis distanciaría un rival directo na loita por entrar na fase de ascenso, o Teucro ocupa agora mesmo a última praza de play-off. Ademais o Torrelavega, oitavo a dous puntos dos pontevedreses, recibe na súa cancha ao potente Juanfersa Gijón, segundo, unha boa oportunidade para abrir brecha a cinco partidos do final da liga regular, como recoñece o central teucrista Didac Villar, "nos ayudaría mucho ganar pero quedan otros cuatro partidos y no hay nada decidido. El objetivo era la permanencia, que nadie se olvide, pero no renunciamos a nada".
Para vencer ao conxunto santanderino será necesario, segundo Didac, manter o bo nivel dos últimos encontros, "es un equipo muy fuerte, muy veterano, pero si defendemos duro y salimos a la contra podemos sacar el partido".
Outro dos aspectos fundamentais para pelexar ata o final polo play-off marcarao, para o central azul, o apoio da afección, "necesitamos máis que nunca nos partidos de casa o apoio do público, sen eles será difícil".