O teucrista Borja Méndez, convocado pola Selección Española Junior
Por Redacción
En plena preparación dunha xornada clave, na que terán en Alcobendas a súa primeira opción para certificar o ascenso á Liga Asobal, o Teucro recibiu unha grata noticia que afecta directamente a un dos seus xogadores, Borja Méndez.
O central teucrista foi convocado pola Selección Española Junior de balonmán para participar no Torneo 4 Nacións que terá lugar en maio na localidade francesa de Agén e Pessac.
Borja entrou na primeira convocatoria do ano ofrecida polo seleccionador Isidoro Martínez, pensando na cita mundialista que terá lugar en Alxeria.
No Torneo 4 Nacións a Selección Española xogará o día 4 de maio ante Portugal, o día 5 ante Alemaña e o día 6 ante Francia. Antes, desde o 30 de abril, o equipo nacional concentrarase en Madrid na sede do Consello Superior de Deportes.
Ademais de Borja Méndez foron incluídos na convocatoria: Javier González (Abanca Ademar León) e Alejandro Morón (Cajasur Córdoba) en portería; Ander Torriko (Benidorm) como central; Daniel Dujshebaev (Recoletas Atlético Valladolid), Oleg Kisselev (Helvetia Anaitasuna) e Santiago López (Secin Group Alcobendas) no lateral esquerdo; David Fernández (Abanca Ademar León) e Rubén Río (Recoletas Atlético Valladolid) no lateral dereito; Aleix Gómez (F.C. Barcelona Lassa) e Jorge Serrano (Recoletas Atlético Valladolid) no extremo dereito; Josep Folqués (Maristas Algemesí) e Sergio López (Liberbank Ciudad Encantada) no extremo esquerdo; e José Oliver (Torrelavega), Asier Neto (Secin Group Alcobendas) e Daniel Sedano (Quabit Guadalajara) de pivotes.
Relacionadas:
-
O vestiario do Teucro pide axuda para pechar o ascenso: "Imos necesitar o empuxe da nosa afección"
Por Redacción |
-
O Teucro non cumpre coa súa parte en Alcobendas e o ascenso terá que esperar (32-26)
Por Redacción |
-
Pechar o ascenso "cuanto antes", meta do Teucro en Alcobendas no seu primeiro 'match ball'
Por Diego Espiño |
-
O Teucro complícase e sofre ao final pero dá outro paso de xigante gañando a Alarcos (32-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |