Pechar o ascenso "cuanto antes", meta do Teucro en Alcobendas no seu primeiro 'match ball'
Por Diego Espiño
Primeira opción de ascenso para a Sociedad Deportiva Teucro, que viaxa este sábado a Alcobendas coa idea de tentar certificar o título de campión da División de Honra Prata "cuanto antes".
Os azuis visitan (18:00 horas) a cancha do Balonmano Alcobendas, pero necesitan ademais dunha vitoria que o segundo da táboa, o Palma del Río, non gañe a un Zamora que aspira aínda a esa segunda posición que outorga o premio de poder organizar a fase de ascenso.
Pase o que pase, o Teucro non poderá ascender na pista esta fin de semana, xa que ao ter que esperar ao que pase en Zamora (20:15 horas) só saberá se ascende cando o equipo estea xa no autobús iniciando a volta a casa.
"Ojalá nos traigamos los puntos y podamos hacer muchas fotos en el autobús", recoñece Quique Domínguez, que non quere oír falar de nada máis aló que non sexa o choque na comunidade madrileña, un partido que "va a ser intensísimo, con un ritmo altísimo y a cara de perro porque los dos nos jugamos mucho", explica o técnico pontevedrés.
Con Óscar Silva recuperado, a única ausencia na convocatoria será a do lesionado Johnny Medina.
Os azuis afrontan a cita conscientes de "la dificultad que nos puso Alcobendas aquí" e sabendo que deberán estar ao seu mellor nivel para superar a un equipo que pelexa por entrar no play-off.
Os colexiados do encontro serán os andaluces Macías de Paz e Ruiz Vergara.
O TEUCRO PROLONGA A VENDA DE 'ILUSIONINA'
Tras a boa acollida que tivo a campaña promocional de 'ilusionina' antes do partido ante o Alarcos, o club pontevedrés decidiu prolongar a promoción vendendo novos packs para as dúas últimas xornadas de liga no Municipal, ante Barcelona e Bordils, cun prezo de 10 euros. A entrada en ambos os partidos será de balde para os menores de 16 anos.
Nesta ocasión os packs de entradas venderanse exclusivamente nas oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes, ata o día 21 de abril.
Relacionadas:
-
O Teucro non cumpre coa súa parte en Alcobendas e o ascenso terá que esperar (32-26)
Por Redacción |
-
O teucrista Borja Méndez, convocado pola Selección Española Junior
Por Redacción |
-
O Teucro complícase e sofre ao final pero dá outro paso de xigante gañando a Alarcos (32-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |