O Portonovo cae ante o Sanxenxo e descende a Primeira Rexional
Por Redacción
Necesitaba un milagre o Portonovo para non certificar a perda de categoría nas dúas xornadas que restaban para a conclusión da liga en Preferente, pero os arlequinados non cumpriron a primeira e indispensable premisa, gañar o seu partido en Baltar ante o Xuventú Sanxenxo (2-4).
Sen vitoria pouco importaba o que ocorrese noutros campos. En Baltar todo saíulle mal aos de Pacho Oliveira, que pronto se viron por detrás no marcador por un gol en propia meta de Nico.
Con todo Iván Dadín, en só 5 minutos facía dobrete para remontar o encontro e dar esperanzas aos locais.
O Sanxenxo igualou antes do descanso por medio de Álex Corrales. Entrouse entón nunha fase de igualdade que só rompeu no últimos tres minutos, co Portonovo buscando o triunfo, cando Cuchi e Roi enterraban as opcións dos arlequinados e certificaron o seu descenso a Primeira Rexional.
Consulta aquí a acta do Portonovo-Xuventú Sanxenxo.
Pouco se xogaba o Unión Grove, xa salvado, pero si o seu rival no Monte da Vila, un Arenteiro que pelexa polo ascenso e que deixou dous importantes puntos (1-1).
Rubén Carreira no minuto 1 puxo en vantaxe ao cadro meco, sendo os visitantes capaces de empatar unicamente desde o punto de panalti, mediada a segunda metade.