O Céltiga sálvase 'en diferido' e seguirá en Terceira División
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
En diferido. Así logrou a permanencia este domingo o Céltiga na Terceira División. O cadro da Illa quedou condenado na última xornada de liga á praza de arrastre polo descenso do Somozas a Terceira, polo que era virtualmente equipo de Preferente.
Necesitaban pois o ascenso dun dos equipos galegos involucrados no play-off, e á primeira ocasión tocoulles o premio.
O campión da Terceira galega, o Deportivo B, venceu este domingo ao Cacereño en Riazor (2-0) grazas aos goles de Borja Galán e Queijeiro certificando o seu regreso á categoría de bronce do fútbol nacional.
Desta forma o Céltiga recupera o seu lugar en Terceira División, pero non foi o único conxunto beneficiado polo resultado do Deportivo B, xa que o San Martín de Vilaxóan salvarase á súa vez da queima en Primeira Rexional, categoría na que voverá a competir a próxima tempada.