Acordo con Bruno Rivada para a súa renovación
Por Diego Espiño
Despois dunha longo tira e afrouxa Bruno Rivada aceptou a proposta de renovación do Pontevedra e seguirá un ano máis defendendo a casimeta granate.
O central redondelano, aínda en idade sub-23, tiña ao club pontevedrés como a súa primeira opción para a próxima campaña, pero o acordo demorouse ao non estar conforme coas cantidades económicas ofertadas nun primeiro momento polo club.
Bruno, formado na canteira do Pontevedra, afrontará así a súa terceira tempada completa como xogador do primeiro equipo, ao que volveu no mercado invernal da 2014/2015 coincidindo coa chegada de Luisito ao banco ao reclamalo do Bertamiráns, no que estaba cedido.
No último ano foi un dos xogadores máis utilizados polo técnico, converténdose nun fixo no once inicial desde a xornada 9. En total disputou 30 encontros entre liga e play-off, 29 deles como titular.
Coa súa continuidade a liña defensiva empeza a estar conformada, xa que competirá por un posto no eixo central cos recentemente fichados David Goldar e Víctor Mongil, que ademais de David Castro para o lateral zurdo son os reforzos confirmados na retagarda.
En total son 14 os futbolistas en plantel actualmente: Bruno Rivada, Edu Sousa, Mouriño, Kevin Presa, Álex Fernández, David Añón e Álex González son os que sobreviven da última tempada, ao que se suman as fichaxes de David Goldar, Anxo Pérez, Marcos Álvarez, David Castro, Jon Etxániz, Adrián León e Víctor Mongil.
Pola súa banda os xogadores con proposta de renovación sobre a mesa pero cos que non se chegou aínda a acordo son Abel, Bonilla e Jacobo Trigo.
Relacionadas:
-
Bota a andar o Pontevedra con once caras novas, dúas fichaxes pendentes e o play-off como obxectivo
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Jorge Hernández e Jimmy, novos xogadores do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A pretempada granate empeza a concretar datas e rivais
Por Redacción |
-
Jacobo Trigo e Bonilla despídense do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Dobre fichaxe no Pontevedra, que se fai cos servizos de Miguel Ángel e Carlos Ramos
Por Diego Espiño |
-
David Goldar, reforzo do Pontevedra para o eixo central da defensa
Por Diego Espiño |
-
O central Víctor Mongil e o porteiro Anxo Pérez, novos xogadores do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Adrián León súmase ás fichaxes anunciadas polo Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeiras fichaxes no Pontevedra, que renova ademais a Edu Sousa e Añón
Por Diego Espiño |