A piscina do CGTD, escenario do último campionato autonómico de waterpolo da tempada
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra poñerá fin o próximo 24 de xuño á tempada autonómica de waterpolo coa celebración do último Campionato Galego, o da categoría cadete mixta.
Ademais do Waterpolo Pontevedra, participarán na competición outros tres clubs, o Marina Ferrol, CN Coruña e Waterpolo Santiago.
O Campionato iniciarase coas semifinais ás 11:30 horas, con partidos entre Pontevedra e Santiago e entre Coruña e Marina Ferrol, mentres o choque polo terceiro e cuarto posto e a final celebraranse pola tarde, desde as 16:30 horas.
COPA FANÁTICOS EN ZARAGOZA
Positiva foi a experiencia do equipo alevín do Waterpolo Pontevedra na V Copa FANáticos, considerada o Campionato de España oficioso da categoría celebrado en Zaragoza.
O equipo pontevedrés perdeu os seus tres primeiros partidos da competición ane Majadahonda, Colexio Brains e Sant Andreu, pero superou nos cruces ao CW Donostia para perder despois, de maneira apertada, ante o ST Casabranca.
Nos seus últimos partidos cedeu contra ao ADRN Rivas de Madrid e venceu o RCN Vigo para finalizar no posto 23 dos 32 equipos participantes.