Mayte Méndez seguirá outro ano máis á fronte do Arxil
Por Redacción
É a única adestradora que estivo presente en todas e cada unha das tempadas da Liga Feminina 2, desde a súa creación na tempada 2001/2002, e aínda ten corda para longo.
Mayte Méndez renovou os seus votos co Arxil e manterase como adestradora do primeiro equipo unha campaña máis.
A preparadora pontevedresa atópase xa inmersa na planificación do plantel, coa prioridade de renovar a boa parte do equipo. Ademais seguirá sendo a directora deportiva do club.
Convertida nun referente no baloncesto feminino nacional, Mayte Méndez comezou a súa andaina nos bancos no ano 1984.
No apartado de incorporacións, o club asegura ter pechado o acordo cunha pívot "que pode ser referente na liga", a falta de que a xogadora devolva o contrato asinado para poder facelo oficial.