Dous récords de España e catro mínimas mundialistas na terceira xornada do Open de Natación
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Ao terceiro día de competición no Open de Natación á fin soou en Ponte Muiños a campá que anuncia un novo récord de España, e fíxoo en dúas ocasións para celebrar primeiro o rexistro de Melanie Costa nas semifinais dos 100 libres, 55.15, e depués o tempo de Judit Ignacio na final de 100 bolboreta, uns 59.17 que melloran a súa anterior plusmarca pero que non lle valen para clasificarse para o Mundial.
Estes dous récords foron os feitos máis destacados dunha xornada na que se lograron cutro mínimas mundialistas, as de Marina García e Jessica Vall no 50 braza e as de Erika Villaécija e Mireia Belmonte no 1500 libres, unha proba que supuxo a cuarta medalla de ouro para Belmonte no Campionato nas catro probas que nadou. Réstanlle aínda os 200 estilos e os 400 libres.
Bea Gómez Cortés, plusmarca galega e final nos 100 libres
Bea Gómez renunciará á final de 100 libres para centrase no 200 estilos
O Club Natación Galaico viu como tres das súas nadadoras competían no terceiro día, con presenza destacada unha vez máis de Bea Gómez Cortés. A pontevedresa clasificouse para a final dos 100 libres establecendo un novo récor galego (56.68) nunha serie na que concluíu terceira. Sen embargo, Goméz Cortés renunciará a esta final para centrase no 200 estilos, distancia coa que se converteu en olímpica e onde aspira a subir por terceira vez ao podio, ademais de lograr un novo pase para o Mundial, "no creo que nade mañana porque es muy seguida al 200 estilos y le doy prioridad al 200 pero estoy bastante contenta porque es mi mejor marca, aunque me da rabia porque quería bajar de la barrera de los 56.50. De todas formas no me puedo quejar de como me están saliendo las cosas".
A participación pontevedresa completárona Iria García, que concluíu oitava nun esixente 1500 libres, "bajé mi marca cuatro segundos, podía haber sido más pero bastante bien, pensaba que iba a quedar décima porque la serie en la que iba era muy dura y al final octava, no me puedo quejar", e Laura Paola Montes, na mesma disciplina, marcando o undécimo mellor rexistro, "al principio estaba desilusionada, pensaba que me iba a ir mejor pero me toca ir poco a poco, estoy recuperándome de los hombros y queda una temporada larga".
Dúas medallas galegas para María Vilas e Marcos García
A riveirense María Vilas, de só 16 anos e bolseira do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, logrou colgarse un meritorio bronce na proba de 1500 libres detrás de dúas olímpicas como Mireia Belmonte e Erika Villaécija, mentres Marcos García, do Natación Ferrol, concluíu terceiro nos 100 bolboreta tras Konrad Cerniak e Rafa Muñoz.
Relacionadas:
-
Bea Gómez pon a guinda ao Open de Natación cun bronce e a súa terceira mínima para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
Só Mireia pode con Bea Gómez, nova prata e mínima coa quinta mellor marca mundial do ano en 400 estilos
Por Diego Espiño |
-
Prata e mínima mundialista para Bea Gómez Cortés na primeira xornada do Campionato de España
Por Diego Espiño & Diego Torrado |