Nutrida representación pontevedresa nos XII Xogos do Eixo Atlántico
Por Redacción
Unha selección de 88 mozos e mozas deportistas pontevedreses participarán na XII edición da Xogos do Eixo Atlántico.
Esta competición, que se celebra cada dous anos con equipos chegados de diferentes municipios de Galicia e Portugal, terá como sede as localidades de Lugo, Monforte e Sarria entre os días 4 e 9 de xullo.
Pontevedresa presentará equipos en sete modalidades deportivas: atletismo, atletismo adaptado, baloncesto, balonmán, voleibol, ximnasia e fútbol-7.
Todos os deportistas seleccionados pertencen á categoría cadete salvo na categoría de atletismo adaptado, na que os participantes serán usuarios da Asociación Xoán XXIII.
Antes de desprazarse a Lugo, a delegación pontevedresa, presente nos Xogos do Eixo Atlántico desde a súa creación no ano 95, foron recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, que lles desexaron moita sorte nun evento que debe servir de experiencia a nivel deportivo pero tamén de convivencia e intercambio de culturas entre os diferentes participantes.