Campión ACB, internacional español e mestre no Campus Baloncesto Pontevedra
Por Diego Espiño
"Di mi palabra y aquí estoy", explicou con sinxeleza Pierre Oriola, un dos xogadores de moda no baloncesto nacional tras o seu gran ano co Valencia, co que se proclamou campión da Liga ACB e que lle abriu as portas da Selección Española.
O ala-pívot catalán gozou dunha xornada de adestramento e xogos cos participantes no Campus Baloncesto Pontevedra que dirixe e organiza o seu amigo Cuco Rodríguez, preparador físico do Betis da máxima categoría do baloncesto nacional.
"Para mí es un honor está aquí, compartir experiencias con los niños, porque a ellos también les hace mucha ilusión", sinalou o xogador, convertido en mestre por un día e que mantivo a súa palabra de estar en Pontevedra a pesar de que nuns días debe incorporarse aos adestramentos do equipo nacional.
"Son un grupo muy bueno, hay chavales de mucha calidad", recoñeceu tras adestrar coas promesas do deporte da canastra no campus que se está celebrando na Cidade Infantil de Príncipe Felipe e que tamén recibirá nos próximos días as visitas de Alfonso Sánchez (Betis) ou a compostelá Arantxa Mallou (Arxil).
Aínda que sen apenas tempo para gozar de Pontevedra, Oriola si puido polo menos completar a súa visita facendo un percorrido pola cidade, que recoñeceu "muy bonita. No me lo esperaba así y el casco antiguo es una pasada".