O equipo infantil do Waterpolo Pontevedra logra a súa mellor clasificación nun Campionato de España
Por Redacción
Gran papel o dos infantís do Waterpolo Pontevedra no Campionato de España da categoría celebrado en Málaga.
Os pontevedreses romperon o seu teito nesta competición (un oitavo posto tres anos atrás) ao ser sétimos entre os 24 equipos participantes.
Na primeira fase, con oito grupos de tres equipos, o Pontevedra finalizou en primeira posición grazas aos seus triunfos ante Escuela Waterpolo Zaragoza (16-9) e Parquesol Waterpolo Valladolid (20-7).
Os pupilos de Kike García enfrontáronse na primeira eliminatoria contra o Club Natación Caballa por unha praza nos cuartos de final, vencendo por 10-5. Foi precisamente en cuartos de final onde chegou a primeira derrota na competición, ante o potente Club Natación Atletic Barceloneta (12-4) a pesar de realizar un bo encontro.
Só quedaba a loita do quinto ao oitavo posto, perdendo ante o Club Natación Helios (5-8) e vencendo no seu último partido Club Deportivo Waterpolo Jerez (12-8) para facerse co sétimo posto final.
O equipo pontevedrés no Nacional Infantil estivo composto por: Jonás Abad, Marcos Esgueva, Alejandro Andión, José A. Aguado, Javi Cousido, Luis Millán, Diego Touriño, Martín Parrado, Hugo Arceo, Sergio Gómez, Raúl Martínez, Xoel Tubío e Jose Enrique Fernández.