Novena praza para os xuvenís o Waterpolo Pontevedra no Nacional
Por Redacción
Non foron os resultados esperados, pero a experiencia foi máis que positiva para o equipo xuvenil do Waterpolo Pontevedra no Campionato de España de 2ª Categoría celebrado na localidade vasca de Vitoria.
O equipo pontevedrés finalizou noveno entre os dez participantes, notando a falta de competición e tamén a menor competitividade que se dá en Galicia nestas idades.
Os pupilosde Javi de Sáa quedaron encadrados no Grupo 1 nunha primeira fase na que perderon todos os seus encontros, de maneira clara ante CW Dos Hermanas (6-11) e Majadahonda Caude (2-15), e de maneira máis apertada ante Donosti (2-5) e CW Mallorca (5-7) en dous bos encontros.
Como pechacancelas da primeira fase, o Waterpolo Pontevedra enfrontouse ao Leioa Waterpolo para determinar o noveno e décimo lugar do torneo, gañando por 9 goles a 5.
Xogaron polo CW Pontevedra: Pablo Sueiro, Ángel Castrillón, Iago Facal, Sergio Martínez, Luis Mosquera, Eric Tacón, Abel Dacosta, Aarón Tellería, Rodrigo Sobral, Germán Amoedo, Jacobo Baltasar, Pablo Teijeira, Rodrigo García, Lucas Puy e Xandre Aboal.
O campión da competición, que ascende á 1ª Categoría Xuvenil, foi finalmente o Majadahonda Caude.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra rende homenaxe un ano máis á xogadora Marina Casado no seu campus
Por Redacción |
-
Cinco xogadoras do Waterpolo Pontevedra, convocadas para o Nacional Cadete
Por Redacción |
-
O equipo infantil do Waterpolo Pontevedra logra a súa mellor clasificación nun Campionato de España
Por Redacción |
-
O equipo xuvenil do Waterpolo Pontevedra repite presenza no Campionato de España de 2ª categoría
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra, subcampión da Copa Galega
Por Redacción |