Ofrecen a Pontevedra o Europeo de Piragüismo Maratón de 2016 tras perder o de 2015
Por Diego Espiño
Pontevedra non albergará o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón en 2015, tal e como pretendía, pero podería facelo un ano despois, en 2016, a teor do ofrecemento que a Federación Europea trasladou a Román Mangas, presidente da Federación Española, no congreso celebrado en Zagreb (Croacia).
Nese congreso Pontevedra non logrou impoñerse á cidade eslovena de Bohinj, única competidora tras non presentar Kiev a solicitude a tempo, nunha votación non exentar de polémica ao ser o presidente do comité responsable natural de Eslovenia. O descontento na delegación española exprésao o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, "ni siquiera leyeron el informe del evaluador, sólo se limitaron a comprobar si las candidaturas cumplian los requisitos".
A decisión de optar á organización do campionato en 2016 queda agora a expensas dunha conversación que manterán os responsables municipais con Román Mangas, para que lles expoña con detalle a oferta do organismo federativo. Pontevedra estaría disposta a aceptar a proposta se a adxudicación é directa, pero en ningún caso aceptaría outro proceso de selección aberto a novas candidaturas doutros países.
Relacionadas:
-
Pontevedra confírmase como sede do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón en 2016
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa o exame para o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón 2015. Jorn Cronberg cualifica de excelentes as instalacións
Por Ramiro Espiño |
-
Pontevedra solicita o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón 2015
Por Diego Espiño |