As rutas BTT tamén son para os máis pequenos
Por Redacción
Un grupo de case trinta nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos participaban este fin de semana dunha actividade de iniciación ao BTT, organizada polo club ciclista "A Roda do Demo" de Pontevedra coa colaboración do Casino Mercantil.
Os pequenos realizaron tres percorridos de diferente dificultade, acompañados por integrantes do club que lles axudaba e ofrecían seguridade nas zonas de maior dificultade técnica.
Os participantes recibiron agasallos relacionados con este deporte ciclista. A iniciativa terá continuidade durante o próximo outono cunha segunda edición e novos percorridos. O obxectivo desta actividade é fomentar este deporte en distintos terreos.