Queres xogar nos equipos masculinos e femininos do Leis Pontevedra?
Por Redacción
#NuevosTalentos e #BuscamosGuerreras son os lemas das campañas de captación de xogadores e xogadoras para os equipos do Leis Pontevedra para a próxima tempada deportiva 2017-18.
Debido ao gran número de solicitudes presentadas a tempada pasada, o club optou por xerar un formulario online para optimizar as inscricións e que ningún xogador quede sen a súa praza. O Leis poñerase en contacto cos inscritos para que poidan realizar as probas de forma totalmente gratuíta.
Todos os xogadores e xogadoras, a partir dos catro anos, poderán formar parte da gran familia do Leis Pontevedra, composta por máis de 250 xogadores e 19 equipos, que compiten nas ligas provinciais, galegas e nacionais.
O club destaca, ademais, o traballo dun equipo de adestradores profesional e titulado que, xunto ao departamento de psicoloxía, busca unha formación deportiva e persoal óptima nos novos xogadores.
Para a devandita labor, lembra a directiva do Leis, resulta fundamental o apoio e soporte de pais e nais, por iso o club dispón dunha escola de educación deportiva, que permitirá aos pais recibir formación e asesoramento da man dos mellores profesionais.