Máis de 5.000 personas gozan dunha exitosa XVIII edición da Vilagarcía Basket Cup
Por Alejandro Espiño
Unhas 5.000 persoas. ÿ o que estiman os organizadores da Vilagarcía Basket Cup que pasaron pola decimo oitava edición desta prestixiosa competición durante os seus tres días. O recinto ferial de Fexdega volveuse a converter, un ano máis, na capital do baloncesto de categorías inferiores durante a Semana Santa. E o balance non podería ser máis positivo, o que non fai máis que reforzar a importancia deste torneo.
A única pega, quizais, a nivel deportivo, é que o dominio dos clubs de fóra de Galicia foi case absoluto. Os galegos non tiveron opción ante o empuxe, especialmente, dos equipos asturianos, leoneses e madrileños. Salvo na categoría benxamín, onde se impuxeron tanto en nenos como en nenas, o equipo anfitrión o CB Vilagarcía, e na categoría alevín, onde se impuxeron, respectivamente, o Artai de Carballo e o CB Arxil.
Eles foron os grandes triunfadores dunha Vilagarcía Basket Cup na que participaron máis dun cento de equipos procedentes de Asturias, Galicia, Cantabria, Madrid, Castilla León e Portugal.
Resultados da XVIII edición da Vilagarcía Basket Cup:
Junior masculino:
Final: Agustinos de León 61 GC Covadonga 47
Junior feminino:
Final: Basket Mar de Gijón 64 Seis do Nadal 33
Infantil masculino:
Final: Distrito Olímpico de Madrid 107 Agustinos de León 56
Infantil feminino:
Final: Basket Mar de Gijón 70 Estudiantes Lugo 46
Cadete masculino:
Final: CB Ponferrada 92 GC Covadonga 53
Cadete feminino:
Final: 6,25 Ponferrada 82 Peleteiro 51
Alevín masculino:
Final: Artai de Carballo 65 Marín Peixe Galego 35
Alevín feminino:
Final: CB Arxil 51 Cluny de Santiago 48
Benxamín masculino:
Final: CB Vilagarcía 23 Seis do Nadal 13
Benxamín feminino:
Final: CB Vilagarcía 41 Cluny de Santiago 10
Entre todos, e malia a choiva que obrigou a trasladar moitos partidos da segunda xornada ao Pavillón de Fontecarmoa, conseguiron honrar ao lema co que se celebraba esta Vilagarcía Basket Cup, 'a party do basket'. E é que independientemente dos equipos que gañaron, este torneo volveu ser toda unha festa. E esperemos que por moitos anos máis. Co obxectivo, ademais, de recuperar en 2014 o torneo sub-20, tras deixar de celebrarse hai dous anos.