VÍDEO.- O Condes de Albarei Teucro vai de vendima
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Co inicio da Liga Asobal ao virar a esquina, o Condes de Albarei Teucro pasou este luns unha xornada diferente visitando ao seu principal patrocinador.
Xogadores e corpo técnico, vestidos cos novos equipamentos da tempada, colaboraron nos labores de vendima no Pazo de Baión, no inicio dos traballos dentro da adega Condes de Albarei.
Equipados de tesoiras para podar e baixo as indicacións do persoal da adega os azuis animáronse a colleitar algúns acios e, de paso, probar un dos tesouros das Rías Baixas, a uva albariña.
Tras o seu traballo o plantel puido ademais coñecer o proceso de elaboración do viño e a maquinaria que para iso úsase.
A deste luns será a última xornada de descanso para o Teucro antes do debut ligueiro, con adestramentos fixados para o resto de días co obxectivo de chegar nas mellores condicións ao choque do sábado (17:00 horas) en Zamora ante un dos seus rivais directos pola permanencia.
Os pontevedreses chegan á cita convecidos de realizar unha boa preparación. Así o recoñece Quique Domínguez, para quen o seu equipo vén "entrenando muy bien, trabajando mucho y con mucha ilusión", a de iniciar con bo pé o seu regreso á máxima categoría do balonmán nacional.
Relacionadas:
-
Rías Baixas vendimou no Salnés 25 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |
-
O Teucro quere "que se note" que a Liga Asobal volve a Pontevedra este sábado
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Termas de Cuntis, un acordo de patrocinio que "va más allá de lo económico"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, satisfeito coa marcha da campaña de socios
Por Redacción |
-
Condes de Albarei Teucro remonta para rescatar un punto milagroso en Zamora (28-28) nun final eléctrico
Por Redacción |
-
A vendima xeneralízase en Rías Baixas con excelentes perspectivas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Zamora, primeira parada para o Teucro no seu regreso a Asobal
Por Diego Espiño |
-
A vendima en Rías Baixas, a pleno rendemento
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Sorteada a primeira eliminatoria da Copa do Rei para Cisne e Teucro
Por Redacción |
-
O Cangas arrebata ao Teucro a Copa Galicia no último suspiro (32-33)
Por Redacción |
-
Condes de Albarei-Teucro, nova denominación do equipo tras asinar un "importante" acordo de patrocinio
Por Diego Espiño |