Espectacular proba de ciclismo de montaña na Pontevedra Non Stop de BTT
Por Diego Torrado
Os arredores do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, enchíase este sábado de ciclistas na cuarta edición da Pontevedra BTT Non Stop, unha proba de resistencia organizada por Global DxT e o Concello de Pontevedra.
Os ciclistas podían participar de maneira libre e non competitiva nalgunha das dúas modalidades, a de 6 ou a de 12 horas. O obxectivo centrábase en realizar o máximo número de voltas a un duro percorrido de 10 quilómetros.
Durante toda a xornada respirouse un gran ambiente deportivo nunha competición espectacular para os afeccionados a esta disciplina ciclista.
Os resultados da proba pódense consultar nesta ligazón: http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/09/Clasificaci%C3%B3n.pdf