Arxentina e Bielorrusia completan o cartel do Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Diego Espiño
A próxima edición do Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas de balonmán, que se disputará nas cidades de Pontevedra e Vigo, ten xa cartel confirmado.
Ás seleccións absolutas masculinas de España e Polonia, cuxa presenza se avanzou o pasado mes de marzo, uniranse finalmente os combinados nacionais de Arxentina e Bielorrusia, segundo anunciouse tras unha reunión celebrada este luns na Boa Vila.
O Concello de Pontevedra acolleu este luns un encontro acudiron ademais do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, os presidentes das federacións española e galega de balonmán, Francisco Blázquez e José Luis Pérez Ouro, os concelleiros de Deportes de Pontevedra e Vigo, Anxos Riveiro e Manuel Fernández, e o deputado provincial David Regades.
O obxectivo da reunión era avanzar na preparación do Memorial Domingo Bárcenas, que se disputará do 5 ao 7 de xaneiro de 2018 no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra e As Travesas de Vigo, e tamén na organización do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, previsto para o mesmo mes de xaneiro, do 2 ao 7.
En canto ao Torneo Internacional, as seleccións de España, Polonia, Bielorrusia e Arxentina disputará un total de seis partidos repartidos entre as dúas sedes, e coas cámaras de Teledeporte en directo.
Pola súa banda o torneo de equipos autonómicos reunirá a máis de 100 conxuntos de todo o estado nas categorías infantil, xuvenil e cadete cunha participación estimada de 1.200 deportistas, tamén con organización compartida entre as dúas grandes cidades da provincia.
Por último os representantes das diferentes administracións e federacións deportivas abordaron a constitución do comité organizador para o Campionato do Mundo Junior de balonmán que recalará en ambas as localidades no ano 2019.
Relacionadas:
-
Accidentada primeira xornada no Campionato de España de Seleccións Territoriais
Por Redacción |
-
Un mes de xaneiro para amantes do balonmán
Por Diego Espiño |
-
Jordi Ribera dá a lista de España para o Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Redacción |
-
Á venda as entradas e abonos para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán
Por Redacción |
-
O Pavillón Municipal dos Deportes loce a súa nova pista
Por Redacción |
-
España e Polonia, primeiras seleccións confirmadas para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Vigo, confirmadas como sede do Mundial Junior de Balonmán 2019
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra negocia ser sede do Mundial Junior de balonmán 2019
Por Diego Espiño |