Á venda as entradas e abonos para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán
Por Redacción
Dúas das tres xornadas do Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas de balonmán disputaranse no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
A Real Federación Española de Balonmán fixo público o cadro oficial do torneo, que se celebrará na súa edición XLIII edición nas cidades de Pontevedra e Vigo entre o día 5 e 7 de xaneiro coa presenza das seleccións nacionais absolutas masculinas de España, Polonia, Arxentina e Bielorrusia.
Concretamente o Municipal pontevedrés acollerá os dous primeiros días de partidos, o venres 5 de xaneiro e o sábado día 6, dentro dunha cita que servirá de preparación para o Campionato de Europa de Croacia.
Desta forma o venres 5 xogaranse aos partidos Arxentina-Polonia (17:00 horas) e España-Bielorrusia (19:00 horas), mentres que o sábado será a quenda do Polonia-Bielorrusia (18:30 horas) e do España-Arxentina (20:30 horas). O domingo pola súa banda, no pavillón vigués das Travesas, disputaranse o Bielorrusia-Arxentina (17:00 horas) e o España-Polonia (19:00 horas).
As entradas e abonos para presenciar en directo o Memorial Domingo Bárcenas están xa á venda no portal www.marcaentradas.com cun prezo de 15 euros (máis gastos de xestión) por xornada e de 30 euros para os abonos.
Relacionadas:
-
Os 'Hispanos' xa se deixan ver por Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Accidentada primeira xornada no Campionato de España de Seleccións Territoriais
Por Redacción |
-
Un mes de xaneiro para amantes do balonmán
Por Diego Espiño |
-
Jordi Ribera dá a lista de España para o Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Redacción |
-
Arxentina e Bielorrusia completan o cartel do Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
España e Polonia, primeiras seleccións confirmadas para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Vigo, confirmadas como sede do Mundial Junior de Balonmán 2019
Por Diego Espiño |