As roldas finais elevan a emoción no VI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis
Por Redacción
Chega o momento da verdade no sexto Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Pontevedra, que se celebra estes días nas instalacións do Casino Mercantil en Mourente.
Os cadros individuais chegaron ás súas últimas roldas cheos de sorpresas e demostrando que calquera cousa pode suceder ata as finais previstas para a mañá do próximo domingo 15 de outubro.
Deste este venres os tenistas afrontan uns cuartos de final nos que non estarán moitos dos grandes favoritos ao título, aínda que si as principais cabezas de serie en categoría feminina e masculina, a letona Daniela Vismane e o francés Clement Tabur.
Nas roldas finais aparecen tamén dúas raquetas nacionais como Marta Cusic e Alberto Colas.
Con todo unha das grandes decepcións da semana levoulla a española Dami Edibson, procedente da fase previa e que se viu obrigada a retirarse por lesión nos oitavos de final cando xogaba ante a francesa Giulia Morlet.
Polo menos o seu esforzo viuse recompensado xa que a organización do torneo convidouna a entrar directamente no cadro final do Internacional de Sanxenxo, do que tamén é responsable, e que terá lugar a próxima semana.
Consulta horarios de xogo e resultados do VI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A choiva condiciona o inicio do XVI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O sexto Torneo Internacional Junior ITF queda sen triunfo nacional
Por Redacción |
-
Emoción e sorpresas no inicio da fase final do Torneo Internacional de Tenis
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O futuro do tenis internacional cítase no ITF de Pontevedra
Por Diego Espiño |