A Lomba convértese nun fortín co quinto triunfo consecutivo do Arosa no seu feudo (2-0) ante o Lalín
Por Redacción
A solidez do Arosa na Lomba mantén con vida ao equipo arlequinado na difícil tarefa de lograr unha remontada que lle permita alcanzar os postos de ascenso directo, agora a seis puntos de distancia a falta doutros tantos partidos para o final de liga.
O conxunto de Piscis logrou ante o Lalín o seu quinto triunfo consecutivo no seu estadio (2-0) grazas aos goles de Camiño e Hugo.
O susto do encontro protagonizouno o futbolista visitante Toño, que recibiu un golpe na cabeza nos minutos finais e tivo que ser trasladado ao hospital por precaución ao perder o coñecemento.
AROSA SC (2): Jorge Pérez, Santi, Juanjo, Martín, Comesaña, Rivas, Hugo (Julio Rey, min.75), Vixo, Guimeráns, Camiño (Jonathan, min.92), Eloy (Ríos, min.85).
CD LALÍN (0): Michi, Suso (Ferreiro, min.81), Gus, Iván Fernández (Maceiro, min.23) (Damián, min.41), Toño, Imanol, Manu (José Ramón, min.81), Iván García, Romero, Dani Méndez, Rubén Méndez.
Árbitro: Mella Fernández (A Coruña). Amoestou a Comesaña no Arosa e a Ferreiro e Manu no Lalín.
Goles: 1-0 Camiño, min.34; 2-0 Hugo, min.51.
Incidencias: Partido disputado no estadio da Lomba, Vilagarcía.