Un desastroso inicio de partido, clave na derrota do Cisne ante o Ca'Mario Lanzarote (28-29)
Por Redacción & Diego Torrado
Cuarta derrota consecutiva na División de Honra Prata para o Club Cisne Balonmán, que este domingo viuse superado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ante ao Ca'Mario de Lanzarote (28-29).
Os pontevedreses pagaron caro o seu desastroso inicio de partido. Os canarios, nun inicio demoledor, obrigaron a Jabato a pedir tempo morto con só sete minutos transcorridos e con 1-5 no electrónico. Non conseguiu o técnico parar a sangría e o Lanzarote seguiu desarbolando á defensa local para poñerse 3-11 pasado só o primeiro cuarto do partido.
Ademais dos problemas defensivos, o Cisne non atopaba a fluidez en ataque que lles caracteriza, e aínda que melloraron o seu rendemento só lograron reducir dous tantos a diferenza no tempo de descanso (11-17).
Ao comezo do segundo acto os pontevedreses saíron dispostos a emendar o seu mal inicio e cun maior ritmo empezaron a reducir a diferenza, obliando aos visitantes para pedir rápido tempo morto con 14-18 no marcador. Con todo non forneceu efecto o parón e os locais seguiron coa súa remontada, atopando esta vez si porta con facilidade, polo que o técnico do Ca'Mario Lanzarote volveu parar o encontro (17-19) aos 9 minutos.
Chegou a empatar o Cisne (21-21). Parecía que empezaba un novo encontro con 15 minutos de emoción e igualdade, pero ata aí chegaron as súas forzas. O cadro canario tomou de novo vantaxe e aproveitando unha exclusión de Daniel Ramos abriu unha brecha de tres tantos, que chegou ser de catro goles pouco despois (23-27).
Achegouse nos últimos instantes de novo o equipo pontevedrés, pero xa era tarde e os visitantes levaron os puntos en xogo.
Consulta as estatísticas do partido entre Cisne e Ca'Mario na web da Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
Un Cisne de dúas caras gana con autoridade a Palma del Río (29-24)
Por Ramiro Espiño |
-
Unha polémica decisión arbitral priva o Cisne de puntuar en Torrelavega (32-31)
Por Redacción |
-
O Cisne cede en Antequera na segunda metade (31-28)
Por Redacción |
-
O Cisne regala o "partido dos despropósitos" a un discreto Barcelona B (23-24)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |