O forte vento obriga a suspender por segunda vez a Copa Ibérica de Remo Olímpico
Por Redacción
A climatoloxía obrigou a suspender este sábado, por segunda vez, a Copa Ibérica de Remo Olímpico que se ía a celebrar en Marín.
A causa foron os fortes ventos reinantes na ría de Pontevedra, con refachos por momentos de ata 20 nós, que facían imposible a competición.
A Copa Ibérica de Remo Olímpico, Trofeo Ence, contaba coa inscrición de 60 embarcacións e supoñía o peche da Semana Abanca.
Federación Galega de Remo e Clube de Remo Ría de Marín estudarán agora coas autoridades portuguesas de remo, debido ao alto número de botes deste país inscritos, fixar unha nova cita, que en todo caso terá que ser antes de final de ano.