Ante a Gimnástica Segoviana, sen marxe para máis erros
Por Diego Espiño
É unha xornada clave. Despois de seis partidos sen gañar en liga o Pontevedra afronta un duelo que pode comprometer o seu futuro a curto prazo ante o equipo que marca actualmente a fronteira co descenso e que foi o seu verdugo na primeira rolda da Copa do Rei, a Gimnástica Segoviana.
Os granates, que están a un só punto do seu próximo rival, xogan por segunda xornada consecutiva en Pasarón (17:00 horas) e fano sen marxe para máis erros se non queren verse metidos na zona quente.
Será ademais a oportunidade para deixar atrás o mal xogo do último encontro que provocou os primeiros pitos nunha afección que ansía ver melloría nos seus sen máis dilación.
Un primeiro paso para os de Luisito, polo menos para recuperar inercia positiva, foi o encontro de Copa Federación en Bouzas o pasado mércores (0-1), choque no que só Álex Fernández repetiu como titular con respecto ao último once en liga.
A boa noticia para o técnico veu no regreso aos terreos de xogo de Jimmy, tras dous meses fóra por lesión, e tamén pola recuperación de Carlos Ramos. Nestas circunstancia só Miguel Ángel é baixa segura para enfrontarse á Segoviana e poderían verse variacións no equipo titular.
Pola súa banda a Gimnástica chega a Pontevedra nunha dinámica positiva a pesar da súa mala clasificación, con dúas vitorias nas tres últimas xornadas e unha única derrota nas últimas dez (seis empates). Os visitantes contarán coa baixa por sanción do centrocampista Alberto Leira e con varios futbolistas en dúbida.
O choque estará arbitrado polo colexiado madrileño David Gálvez Rascón.
Relacionadas:
-
A Segoviana manda á UVI a un mal Pontevedra (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A Copa Federación dá un respiro ao Pontevedra que toma vantaxe en Bouzas (0-1)
Por Redacción |
-
Miguel Ángel, sen data prevista de regreso
Por Diego Espiño |
-
Un horroroso Pontevedra non pasa do empate ante o pechacancelas Valladolid B (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Onde estaría o Pontevedra sen os puntos perdidos nos últimos minutos?
Por Diego Espiño |